Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Ruta Xestal, a gran novidade do Outono en Marcha de Senda Nova

Presentacion Senda Nova Espazo Oza
Case 40 persoas deron a benvida ao programa de andainas. Entre os asistentes atopábanse familias da Escola Ambiental, socios e socias de Senda Nova e público xeral.
A Ruta Xestal, a gran novidade do Outono en Marcha de Senda Nova

Presentou esta fin de semana a entidade Senda Nova a programación da nova edición, a 12ª, do Outono en Marcha lánzase na súa 12 edición. O Espazo de Natureza de Oza acolleu a cita, que debullou as 7 saídas que afondarán no coñecemento da contorna bergantiñá.

A gran novidade, será a andaina teatralizada “Ruta Xestal, unha saída que nace da man da Aula Municipal de Teatro e froito da colaboración de Senda Nova co FIOT. A ruta está enmarcada na programación do prestixioso festival, no marco do Ano Xestal, cando se cumpren 30 anos do falecemento do humorista e creador.
Esta andaina será a primeira en realizarse, o vindeiro domingo día 8 de outubro

Cartel Outono E Marcha Senda Nova 2023

Coma sempre, o programa realizase coa axuda dos propios concellos ademais da Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Carballo, a Rede Galega Polo Patrimonio e a Plataforma en Defensa de Monte Neme.

Programa Outono E Marcha Senda Nova 2023

Comentarios