Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Arrincou a décima edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo

Roberto falando de bioconstrucion con Senda Nova
Roberto abriu as portas da súa casa construída baixo criterios de bioconstrucion nas Torres
Arrincou a décima edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo

Botou a andar a singular Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo. A pasada fin de semana celebrouse a presentación desta 10ª edición, que serviu para recibir ás familias, solventar dúbidas, coñecer Espazo da Natureza de Oza e ir abrindo boca a este programa que achega a natureza ás crianzas da contorna cada fin de semana.

Presentacion da Escola Ambiental de Senda Nova 2021
Presentación da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo

E paralelamente, continúa en marcha o fermoso programa do Outono en Marcha, que transcorre tamén na súa décima edición. Desta volta percorreu a ruta chamada as Pegadas do Wolframio, unha ruta singular que comezou no núcleo das Torres, onde o bombeiro e colaborador da entidade Roberto, debullou as nocións básicas de bioconstrución nas que se fundamenta a súa vivenda.

Foron uns 40 os camiñantes que desafiaron o frío, e degustaron tamén as vistas dende Eira das meigas, en Monte Neme, onde Adrián Eirís, coordinador da plataforma en defensa de Monte Neme, contou unha serie de lendas.

vistas con Senda Nova na Eira das Meigas do Monte Neme

Comentarios