Luns. 16.09.2024
El tiempo

Senda Nova presenta as súas actividades de verán

Senda Nova presenta as súas actividades de verán
actividades-veran-senda-nova actividades-veran-senda-nova Senda Nova non pecha por vacacións. Se non todo o contrario. A asociación ambiental vén de presentar un completo programa de actividades que baixo o título "O Verán ao Natural 18" alberga sete propostas diferentes (unha delas en colaboración coa Plataforma en defensa de Monte Neme) a través das cales os participantes terán a oportunidade de achegarse ao medio con visións diferentes e dende perspectivas que cambian de paisaxes e que os levarán a coñecer outros ecosistemas. As actvidades arrancan este sábado, día 30 de xuño, coa clausura da Escola Ambiental Senda Nova 2017-2018. As actividades comezan ás 19:30 horas no centro social de Oza onde haberá moitas sopresas e unha foliada aberta coa música tradicional da A.A.V.V. A Torre Vixía de Oza. Uns días máis tarde, 14 e 15 de xullo, realizarase un roteiro nocturno por Monte Neme, en colaboración coa Plataforma en Defensa de Monte Neme. Primeiro realizarase un percorrido nocturno por uns dos balcóns máis importantes da Costa da Morte - un lugar cheo de lendas, sobre todo nesta época -. Ese será o escenario previo á pernocta que terá lugar nas ladeiras do mesmo monte, rematando a actividade despois do almorzo do día 15. O custe desta actividade é de 12€ para adultos, 8€ socios/socias e 6€ para menores. Xa o 4 de agosto, Senda Nova organiza un roteiro-avistamentos de Aves por Malpica no que se conmemorará o 70 aniversario das visitas realizadas polo ornitólogo Francisco Bernis ás Sisargas e no que estará o ornitólogo Álvaro Barros,  membro da SGO. O centro social de Rececinde acollerá o 9 de agosto a proxección de "Hoxe quen baila?"; o primeiro DVD producido por Senda Nova que está baseado nos faladoiros organizados pola asociación durante tres anos en 21 parroquias. A temática escollida para este traballo son as festas. Setembro arranca cun curso de iniciación á cartografía e orientación que se desenvolverá os días 5,6,7,8 no Espazo da Natureza de Oza. A través destas xornadas, os participantes poderán adentrarse na natureza con mapa e compás para aprender a situarse a través do mapa ou saber combinar ámbalas dúas ferramentas para orientarnos ou solucionar situacións comprometidas pola falta de visibilidade. Dentro da programación de verán de Senda Nova non podía faltar A Berrea; unha actividade de observación e convivencia na  época en celo dos cervos no Alto Nalón de Asturies e que se desenvolverá os días 21, 22 e 23 de setembro en Llaviana-Asturies. O custe é de 75€ os adultos, 65€ os socios/as e 55€ (menores) e 45€ (socios/as menores). Máis información

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios