Martes. 23.04.2024
El tiempo

Senda Nova reclama un plan integral de conservación para o humidal de Baldaio

Senda Nova reclama un plan integral de conservación para o humidal de Baldaio
Os escolares dos centros educativos da contorna percorreron o areal de Baldaio Os escolares dos centros educativos da contorna percorreron o areal de Baldaio "Baldaio, máis cerca" foi o lema elixido pola asociación ambiental Senda Nova para conmemorar o día dos Humedais a través dunhas xornadas de interpretación que tiveron lugar a finais do mes pasado e nas que participaron máis de 150 persoas. Os alumnos e alumnas de varios centros educativos da zona, foron os primeiros en participar nestas xornadas quenes percorreron, dun xeito interpretativo, o areal de Baldaio e posteriormente visitaron o humidal. Estas visitas escolares deron paso ás xornadas que se desenvolveron o 29 e o 30 de xaneiro no local social de Imende. Por aquí pasaron bos coñecedores dunha das zonas de maior riqueza ambiental de Galicia. María José Felípez, mariscadora de Baldaio, expuso durante a súa intervención o duro traballo ao que se sometían día tras día e explicou as trabas que minguaron a capacidade da ría para a producción de marisco, tales como, a extracción masiva de area, o peche da ría durante a catástrofe do Prestige,  entrada masiva de area enterrando ao berberecho por mor de cambios nas correntes, entre outras moitas. Antón Vázquez falou do gran valor ornitolóxico do humidal de Baldaio Antón Vázquez falou do gran valor ornitolóxico do humidal de Baldaio Aínda coa negativa herdanza e cun presente que non aprende dela, o valor ecolóxico de Baldaio segue a ser moi alto. Este espazo natural é un dos referentes da zona en canto a diversidade, destacando varios tipos de ecosistemas a protexer e estudar. Todos estes contidos foron expostos por Antón Vázquez, do Grupo Naturalísta Hábitat, que incidiu na importancia ornitolóxica do humidal en canto ás aves migratorias, cunha poboación importante de limícolas e onde aínda aniña a Píllara das Dunas, unha especie cun plan específico de recuperación que ten ben poucas zonas de cría en Galicia. Coincidiu na aposta pola economía sostible baseada nun aproveitamento marisqueiro de xeito tradicional e de renovación natural das augas sen comportas. Pola súa banda, Xan Fernández Carrera repasou, dende o local da Imende, o patrimonio cultural das parroquias que integran o espazo costeiro carballés.  O repaso realizouse basicamente dende o castrexo ao barroco e incluíu unha saída polos castros de Constenla e Castrillón e as igrexas de Lema, Noicela e Rebordelos. A quenda do movemento asociativo veu representado pola Asociación Argazo e a ADCR Baldaio, ambas cun volume importante de actividade. Destaca Argazo na variedade máis cultural, con múltiples propostas para nenos e maiores, dedicadas á música tradicional. Ana María tamén nos mostrou a dificultade de mobilización que temos as entidades, sobre todo en entornos rurais. José  Antonio, representando a ADCR Baldaio coincidiu nesta última visión e amosou o día a día da entidade a través dos equipos de fútbol e a Festa do Berberecho, unha das grandes propostas lúdicas dunha zona na que parece que  perda da poboación. Os participantes da xornada "Baldaio, máis cerca" comprobaron "in situ" o alto valor ecolóxico da zona Os participantes da xornada "Baldaio, máis cerca" comprobaron "in situ" o alto valor ecolóxico da zona Conclusións Máis alá das posibles diferenzas de xestión do espazo, os distintos participantes na xornada estieron de acordo en denunciar a excesiva presión humana do humidal, máis aínda coincidindo con climatoloxías atractivas, afectando negativamente á ecoloxía dos ecosistemas. Segundo indican dende Senda Nova, esta presión humana ven aumentada pola acción das mascotas, sobre todo os cans, dos que se queixan dende diversos colectivos, entre eles o marisqueiro ou de observación de aves, sendo  incompatibles cun aproveitamento ornitolóxico do espazo.  Aínda que en fase embrionaria, si parece ser este outro dos recursos importantes do humidal, vindo abalado por exemplos noutros países europeos. Así, dende Senda Nova entenden que Baldaio necesita un plan integral de conservación no que teñan cabida a economía sostible dentro dun uso tradicional. Un marco normativo específico no que se potencien as actividades interpretativas e de sensibilización e os recursos naturais para unhas actividades de turismo natural e cultural que teñan sempre como premisa a ecoloxía.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios