Sufocan outro incendio nun vehículo na AG-55
Como xa aconteceu a semana pasada, os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo tiveron que acodir a unha chamada para sufocar un vehículo en chamas, Neste caso foi no no punto quilométrico 44 da AG-55 en dirección Fisterra, á altura da parroquia de Agualada, no concello de Carballo.
Á súa chegada ao lugar do accidente, o persoal do servizo realizou unha primeira inspección, comprobando que o automóbil estaba ardendo por completo na beiravía da autoestrada. Unha vez realizada a primeira valoración, procedeuse á extinción total do vehículo. O lume calcinou por completo o vehículo, pero non causou danos persoais.
Tamén participaron no operativo dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico, unha parella de motoristas de Tráfico e un operario do SMPS de Coristanco.