Martes. 10.09.2024
El tiempo

Dous falecidos e un ferido tras un coche na AC-552

accidente mortal Berdeogas
Dous falecidos e un ferido tras un coche na AC-552

Tráxica tarde a deste mércores 14 de agosto. Un novo accidente de tráfico na AC-552, no punto quilométrico 78, a altura de Berdeogas, no Concello de Dumbría, acabou con dúas persoas falecidas e outra ferida de consideración.

Foi un choque, acontecido pasadas as 16:00h, entre un coche e un camión. 
Na colisión víronse involucrados un turismo e un camión resultando dúas persoas falecidas e unha ferida grave.
As vítimas mortais, un matrimonio de Tras do Cean, Vimianzo, tiveron que ser excarceradas. O condutor do camión non sufriu danos.

No operativo tamén participaron Bombeiros de Cee, axentes de tráfico e sanitarios do 061.

A estrada continúa cortada agardando a retirada do camión.

Comentarios