Surf e natureza, entre as materias lectivas

Continúa espallándose pola comarca o proxecto “Aprende a través do surfing”., Despois de percorrer vilas como Malpica, Camariñas, Cabana ou Laracha, leva varias semanas desenvolvéndose nos centros de ensino de Carballo, así como coas táboas en Razo.
Dende o mes de marzo, esta iniciativa da Federación Española de Surf e o colectivo Surf and Clean, coa colaboración do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, achega á rapazada valores como o respecto polo medio ambiente, a integración social, a protección da natureza, deporte ou benestar e todo grazas ao surf.
Participan os CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CEIP A Cristina e CEIP Xesús San Luís Romero sendo Boaola é a encargada do desenvolvemento do proxecto en Carballo.
Esta “experiencia moi divertida” aumenta a vinculación co mar das rapazada.
Surfea Carballo
Precisamente, con esta perspectiva global do surf, o Concello desenvolveu durante os meses de abril e maio a iniciativa “Surfea Carballo” para convidar a todas as surfeiras e surfeiros ou a calquera persoa interesada en coñecer este deporte a pasar unha semana de surf gratis en Carballo. Así, xa que Carballo forma parte da candidatura conxunta da Costa da Morte para converterse en Reserva Mundial de Surf, dada a presenza no municipio de cinco escolas de surf.
Novo mural para o CEIP A Cristina
Mon Lendoiro e Cristina Castro retoman o proxecto de facer un mural sobre igualdade, nunha das paredes do pavillóns, no centro carballés.
Novas relacionadas
- Dumbría e Ponteceso acollerá cursos de vela e winsurf este verán.
- A rapazada de Cabana tamén aprende surf na escola.
- O surf tamén chega ás aulas de Caión e Paisaco.
- O alumnado de Camariñas aprendeu surf na escola.
- Marzo 2021: O mar chega as aulas dos coles de Malpica a través do surf.
- 2021: Os centros de ensino de Camariñas volven navegar .
- 2019: O pioneiro Mar na Escola 18/19 botou o peche despois de achegar a vela a case 500 alumn@s da Costa da Morte.