Venres. 19.04.2024
El tiempo

Talía Teatro estrea “A parábola do angazo”, que pecha a triloxía das obras referencias sobre a lingua

RP Talia Teatro FIOT30 © Vanessa Rabade_3 copia
Toño Casais e Artur Trillo na obra. Foto: Vanessa Rabade
Talía Teatro estrea “A parábola do angazo”, que pecha a triloxía das obras referencias sobre a lingua

Non necesitan presentación, pois Talía Teatro é un dos grandes clásicos do FIOT. A compañía ceense presentou onte en Carballo a súa nova “A parábola do anganzo”, que pecha a triloxía que arrincaba en 2002 con “Bicos con lingua”, o espectáculo referente da compañía con case 400 funcions, e que continuou dende 2011 con “Pelos na lingua”.

”Esta obra parte da identidade propia da compañía, do compromiso coa lingua galega”, sinalaron tanto Artur Trillo, como Toño Casais (ambos actores da peza) como Diego Rey, director, durante a presentación oficial na que estiveron acompañados de Alberto Sueiro, presidente da entidade organizadora e Marcos Trigo, concelleiro.

RP Talia Teatro FIOT30 © Vanessa Rabade_5

”Nós pensabamos que era un espectáculo tendencioso, demagóxico… pero acabou tendo unha aceptación espectacular, moi útil no ensino, para secundaria”, sinalaron.

A peza (que poderá verse o sábado 2, ás 22.00h, e o domingo 3, ás 19.00h, no Salón de Actos do Pazo da Cultura) parte dunha recollida polo Padre Sarmiento no século XVIII, na que un mozo que emigra a Castela, á súa volta ao fogar, esquece a súa lingua nai: o galego.

Os dous protatonistas farán unha viaxe pola historia da nosa lingua, a través dun diálogo fluído e cargado de humor, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente.

Precisamente Talía Teatro -compañía gañadora do Premio do Público 2010- desenvolveu, nas últimas semanas, unha residencia no Pazo da Cultura para a preparación deste novo espectáculo, unha proposta áxil e versátil, con textos de Araceli Gonda, Sechu Sende, Ana Carreira ou María Lado, entre outras voces. Ademais, tal e como recordou Alberto Sueiro, “A parábola do angazo” será o eixo da programación do FIOTeen, dirixido especificamente aos adolescentes da comarca e que se desenvolverá nas últimas semanas de outubro.  

RP Talia Teatro FIOT30 © Vanessa Rabade_3 copia

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios