mércores. 15.07.2026
El tiempo

Convocan un acto simbólico para esixir a apertura da ría de Baldaio

Mortadada de peixes na colmatada ria de Baldaio
Xa se nota a Mortandade de peixes na colmatada ria de Baldaio
Convocan un acto simbólico para esixir a apertura da ría de Baldaio
Defendamos Baldaio

Baixo o lema “Defendamos Baldaio”, a veciñanza do lugar convoca unha concentración para este venres 17 de xullo, ás 20:30h na ponte da ría, para esixir ás autoridades que abra a canle da ría, colmatada polos sedimentos, ao mar. O Concello leva dende maio pedindo unha nova actuación mecánica (a última foi no mes de decembro pasado cando as inundacións eran imparables) ao comprobar que xa comeza haber unha importante mortandade de peixes.

Armadas con pas de plástico, as persoas farán un acto simbólico colectivo simulando que retiramos entre todos a area que bloquea a ría.

”​A nosa ría está a morrer. O peche actual impide a entrada de auga salgada, cortando o intercambio mareal necesario. O resultado? Un ecosistema en grave deterioración, mortandade de marisco, peixes e destrución da nosa fauna e flora. ​Non podemos permitir que este espazo se perda”, sentenzan nun comunicado.

Máis novas

Comentarios