Venres. 26.04.2024
El tiempo

As traballadoras das residencias privadas acadan un preacordo para un convenio digno

Manifestacion traballadoras domusVi Carballo
Imaxe da concentración do venres das traballadoras ás portas da residencia DomusVi de Carballo
As traballadoras das residencias privadas acadan un preacordo para un convenio digno

Tras varias manifestacións as traballadoras das residencias DomusVi de Carballo conseguiron un acordo para alcanzar un convenio digno.

Así informa hoxe a CIG trala mobilización da mañá e a reunión da tarde, na que se chegaba a un preacordo entre organizacións sindicais e patronais de residencias privadas da terceira idade e centros de día. Foron necesarias 10 horas de negociación -coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais-, que finalizou cun preacordo que deberá ser sometido á valoración das traballadoras/es do sector.

Deste xeito, as organizacións sindicais convocarán ao persoal para este luns día 28 no edificio CERSIA ás 17:00 horas para que sexan as traballadoras e traballadores quen tomen a decisión última sobre os avances conseguidos no convenio colectivo. Avances que teñen como obxectivo dignificar as súas condicións salariais e laborais e dos que se dará conta unha vez sexan ratificados.

Novas relacionadas

Comentarios