A Unidade de Condutas Adictivas de Carballo, 30 anos agardando o traspaso ao Sergas
As Unidade de Condutas Adictivas en Galicia levan funcionando 30 anos, dependendo dos seus concellos. A de Carballo é a referencia para a Costa da Morte, e leva atendidas, cunha atención tremendamente personalizada, a 2.156 persoas, de toda a comarca de Bergantiños, dende a súa apertura.
Pero a realidade que viven os nosos muncipios fai que tanto os profesionais sanitarios coma os gobernos municipais esixan, dende hai anos, o trasvase ao Servizo Galego de Saúde. Así o refrendaron unha vez máis onte as responsables do centro nunha reunión co alcalde Evencio Ferrero e a Concelleira Maica Ures.
A situación é “anacrónica” definen a psicóloga Lourdes Suárez e o psiquiatra da unidade, David Castedo, que reitera a necesidade de ser traspasadas ao Sergas.
“Non ten sentido, nin é operativo nin funcional, que un centro sanitario dependa dun concello”, apuntou o alcalde, Evencio Ferrero, que considera que se está asumindo unha competencia claramente impropia.
A día de hoxe o UCA xa conta, de feito, con varias profesionais dependentes do SergasLembran ademais que ano 2022 se constituía unha comisión mixta Fegamp-Xunta para abordar a transferencia destes centros, pero a día de hoxe segue sen materializarse.
Cifras
A Unidade de Condutas Adictivas de Carballo cumprirá 30 anos neste 2024, e desde a súa apertura leva atendido a 2.156 persoas. Na UCA aténdense todo tipo de adiccións: ás novas tecnoloxías, ao xogo, ás compras, á pornografía... cada vez máis frecuentes, sobre todo entre a xente nova. O servizo está aberto ás familias que queiran recibir información ao respecto.
O volume asistencial do ano 2023 foi de 484 usuarios/as (390 homes e 94 mulleres), un 21,6% máis que o ano anterior, gracias á integración do posto de psiquiatría dous días á semana.
Os/as pacientes atendidos o ano pasado na UCA foron derivados desde 11 centros de saúde da Costa da Morte. Aínda que a unidade naceu no seu momento para dar resposta aos graves problemas de drogadicción, e que a cifra de usuarios/as dos programas de tratamento por consumo de drogas ilegais seguen sendo maioría (276 no 2023), cada vez son máis os/as que participan en programas de tratamento por consumo de drogas legais (200 o ano pasado), sobre todo alcohol, pero tamén se duplicou o número de pacientes por adicción ao tabaco.
Máis novas