Domingo. 14.07.2024
El tiempo

A Unidade de Condutas Adictivas de Carballo leva a metadona a domicilio a pacientes confinados

A UCA de Carballo esta no edificio do Antigo Ambulatorio
A UCA de Carballo esta no edificio do Antigo Ambulatorio
A Unidade de Condutas Adictivas de Carballo leva a metadona a domicilio a pacientes confinados

Singular e impactante o programa que vai desenvolver a Unidade de Condutas Adictivas (UCA). O protocolo de dispensación domiciliaria de metadona (tratamento con derivados opiáceos e/ou outros psicofármacos) servirá para achegar a dose aos pacientes de toda a Costa da Morte que teñen que permanecer confinados por Covid ou por ser contactos directos. Pero ademais servirá para evitar o estigma social de ter que achegarse ao “bus da metadona”.

A iniciativa, pioneira en Galicia, nace gracias á colaboración tanto dos centros de saúde coma dos concellos, despois dunha experiencia piloto en Carballo, na que colaboraron tanto a Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade coma o Servizo Municipal de Protección Civil.

Cómpre lembrar que a UCA nunca parou por pandemia. “A unidade sempre estivo aberta, traballamos todos os profesionais, nalgúns momentos por quendas, pero os pacientes foron atendidos en todo momento”, subliña a directora da UCA, Lourdes Suárez.

Adiccións

Nestes momentos, o consumo de cocaína, a ludomanía e a dependencia alcohólica destacan entre os/as novos/as pacientes, que son derivados polos seus médicos/as de familia e as unidades de saúde mental de Carballo e Cee, pero na UCA trátanse todo tipo de adiccións.

Máis información

As persoas que precisen información concreta poden dirixirse á Unidade de Condutas Adictivas, situada na Praza do Médico Eduardo Mariño (antigo ambulatorio, xunto ao centro de saúde de Carballo) previa cita no teléfono 981 756 275.

Novas relaciondas

Comentarios