Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“As mulleres con problemas de adicción sofren unha doble discriminación, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres”

APEM Celebrando o 8 de marzo
APEM celebrou o 8 de marzo co Concello e o CIM de Cee. Foto de Rafa Quintáns
“As mulleres con problemas de adicción sofren unha doble discriminación, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres”

Só 1 de cada 4 persoas que se achega ás entidades de axuda ás persoas con problemas de adicción son mulleres. Así o corrrobora, co gallo do Día Internacional da Muller, a Asociación Vieiro a través da UNAD, a Rede de Asociacións Atención ás Adiccións. “Débese isto a que as mulleres presentan menos problemas de consumo e/ou adicción que os homes?”, pregúntanse dende a entidade. “En ningún caso podemos concluír iso”, aseguran, deixando claro que a “doble discriminación que sofren estas mulleres, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres, dificulta o seu acceso aos servizos de atención”.

Así e todo, as cifras dan conta de que non é un problema illado. En 2018, foron un total de 17.043 mulleres as que pediron axuda as asociacións da UNAD. Máis de 7.000 para servizos asistenciales de drogodependencias ou outras adicciones; 2.500 necesitaban asesoría xurídico penal; e máis de 6.200 mulleres buscaron apoio como familiares de persoas con problemas de adicción.

A discapacidade no rural, a triple discriminación

Pero son aínda máis ás dificultades que afrontan as mulleres que teñen ademais algún tipo de discapacidade / diversidade funcional. Segundo COGAMI, en Galicia teñen recoñecido o certificado de discapacidade un total de 115.763 mulleres representando o 51% da poboación total de persoas con discapacidade, das que 2.224 están entre os 6 e os 15 anos. Pese a ser maioritarias, as mulleres con discapacidade son as máis discriminadas, padecen unha tripla discriminación: por ser mulleres, por ter discapacidade e por vivir no rural.

A todos estes aspectos habería que engadirlles outras razóns polas que son discriminadas, como son a pertenza a outras razas, a situación de pobreza, ou as mulleres trans.

Así, para abrir o Día Internacional da Muller, houbo unha concentración e lectura da declaración institucional do Concello de Cee e o CIM a pasada mañá de venres, que contou coa presencia de APEM co diseño dunha pancarta e coa explicación da mesma. A usuaria de APEM Almudena procedeu á lectura dun poema que ela mesma escribiu para a ocasión.

Modelo Antropocéntrico da axuda. Onde está a perspectiva á violencia de xénero?

Pero a situación aínda é máis grave, pois o modelo androcéntrico de atención da nosa sociedade, fai que os servizos non estean adaptados ás súas necesidades, pois poucas veces teñen unha correcta perspetiva de xénero. Bo exemplo diso son aqueles centros que atenden a mulleres con problemas de consumo vítimas de violencia de xénero. No entanto, é urxente e necesario que todos os territorios incorporen protocolos de actuación ante casos de violencia de xénero e adicción.

Dende Vieiro e dende a UNAD, aproveitando que se cumplen 25 anos logo da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, queren “reclamar políticas públicas que respondan de xeito efectivo a estas realidades a nivel local, autonómico, estatal, europeo e global”. Fano precisamente esta semana que a ONU e reuniu en Viena para tomar decisións sobre a política global de drogas.

 

Guía de accións polo Día Internacional da Muller #8M

Comentarios