venres. 02.01.2026
El tiempo

A Unidade de Condutas Adictivas de Carballo intégrase, despois de 30 anos, no Sergas

Daniel Perez e Maica Ures
O alcalde Daniel Pérez e a concelleira Maica Ures explicando o traspaso
A Unidade de Condutas Adictivas de Carballo intégrase, despois de 30 anos, no Sergas

Este 11 de xaneiro púxose fin a unha anomalía administrativa no marco da sanidade pública. A Unidade de Condutas Adictivas (UCA) levaba dende a súa inauguración, hai 30 anos, dependendo do Concello de Carballo, malia estar integrada na área de saúde mental da Coruña. E despois de máis de 10 anos de loita tanto por parte dos concellos como por parte do persoal, a partir deste xoves 1 de xaneiro, pasa integrarse a todos os efectos na estrutura do Sergas.

A corporación municipal de Carballo aprobou a proposta de traspaso do servizo á Xunta de Galicia por unanimidade no pleno extraordinario celebrado o 9 de decembro.

A concelleira de Sanidade, Maica Ures, e o alcalde, Daniel Pérez, salientaron o agradecemento aos traballadores da UCA, cuxa «implicación e bo facer» foron claves no seu bo funcionamento, que se reflicte nos centos de persoas que atende cada ano.

Máis novas da UCA

 

 

Comentarios