A Universidade Sénior da UDC desembarca en Carballo

Xa asentada en Baio, a Universidade Sénior chega a Carballo. Onte tiña lugar o acto de presentación pública da 1ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior da Universidade da para as persoas maiores de 50 anos de Carballo, na que xa é posible inscribirse.
A UDC oferta por primeira vez unha edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores de 50 anos, coa financiación da Xunta de Galicia, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro, no Forum Carballo. A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web https://universidadesenior.org/carballo/ ou presencialmente no Concello de Carballo.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, con diferentes temáticas:
MÓDULO I: “ARTE E PATRIMONIO”
24 de outubro. “Unha filosofía da amizade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón
25 de outubro. “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez
31 de outubro. “Picasso, ruptura da historia”. Prof. José Ramón Soraluce Blond
3 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas. Visita cultural
MÓDULO II: “CIENCIA E TECNOLOXÍA”
7 de novembro. “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía na Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz
9 de novembro. “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte
14 de novembro. “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro
15 de novembro. Saída de campo
MÓDULO III: “SAÚDE E BENESTAR”
21 de novembro. “Xenéticamente deseñados para o movemento”. Prof. Esther Fernández Fernández
22 de novembro. “Durmir ben, vivir mellor: Importancia do sono para unha vida plena”. Prof. Carmen de Labra Pinedo
28 de novembro. “Tecnoloxía para a Saúde e a Vida Activa”. Prof. Betania Groba González e Prof. Laura Nieto Riveiro.
29 de novembro. Sesión práctica de Nutrición
O día 29 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar o Acto de clausura e entrega de diplomas aos participantes.