Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O coñecemento da Universidade Sénior como empoderamento: “Queremos que sexan os mellores anfitrións do patrimonio da Costa da Morte”

  • Carballo pon en valor os seus obradoiros de memoria nos que participan 150 maiores
UniversidadeSenior-CostadaMorte-2023
UniversidadeSenior-CostadaMorte-2023
O coñecemento da Universidade Sénior como empoderamento: “Queremos que sexan os mellores anfitrións do patrimonio da Costa da Morte”

Durante os meses de febreiro e marzo, 57 alumn@s maiores de 50 anos de 7 concellos da bisbarra puideron sentirse mozos acodindo á Universidade. Gracias ao Programa de Democratización do Coñecemento que impulsou a Universidade Sénior volveron sentir o pracer de aprender, e de socializar. Despois de 12 sesións formativas este xoves 30 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio, a clausura desta 5ª edición, un momento emotivo de despedida.

”Están encantados”, recoñece Matilde García Sánchez. “A semana pasada xa me dicían que era unha pena que acabase xa, que un ano é moito tempo para esperar pola nova edición”, conta orgullosa a Directora da Universidade Sénior da UDC.

”A formación é a excusa para ir á Universidade, porque a participación social é fundamental. Facer grupo e facer novos amigos, ademais da formación en si, é unha parte importante do éxito deste programa”, apunta Matilde. Vai máis alá: “Pretendemos que eles chegen a ser anfitrións do seu patrimonio, cultural e mesmo ambiental. Este ano, por exemplo, fixemos un intercambio traendo alumnos de Valencia á Costa da Morte, para que os propios alumn@s da comarca fixesen de anfitrións ensinando o patrimonio. E saíu moi ben, creo que todo isto os empondera”, sinala “orgullosa, dos participantes e tamén das administracións, do Concello de Zas que nos acolle tan ben; a Xunta que financia boa parte, e o GDR “Costa da Morte”.

As temátivas desenvoltas este ano distribuíronse en 3 módulos: un sobre humanidades; outro sobre ciencia e tecnoloxía e outro sobre saúde e benestar. Se ben nos conta Matilde que as temáticas sobre a filosofía da vida son as máis disfrutan, tamén é certo que queren aprender cousas novas. “O ano pasado un grupo de maiores pediunos Matemáticas, e este ano levamos unha profe de número e encantoulles”. Outra das actividades estrella deste curso foi unha saída científica á praia con Javier Cremades Ugarte.

”Para min este programa é unha xoia que temos que coidar, e oxalá se siga coidando dende o novo equipo reitoral”, sinala en relación ás vindeiras eleccións que se van celebrar na Universidade.

150 maiores nos Obradoiros de Memoria de Carballo

Carballo curso_memoria_pazo da Cultura

Outra interesante actividade de envellecemento activo dase en Carballo. Falamos dos obradoiros de memoria que se celebran en nove parroquias do concello carballés e nos que participan un total de 150 persoas.

Os cursos de memoria teñen un peso moi importante dentro da oferta anual de actividades destinadas ás persoas maiores de 60 anos, que no noso concello son máis de 11.000. Ademais de Carballo, esta actividade, impartida por persoal técnico da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños, lévase a cabo nas parroquias de Lema, Noicela, Razo, Sofán, Verdillo, Sísamo, Ardaña e Cances.

Se ben esta semana remata un, xa están abertas as inscricións para os seguintes e poden realizarse na Biblioteca Rego da Balsa ou no enderezo electrónico [email protected].

O Concello tamén mete no programa de envellecemento activo os cursos de manexo do teléfono móbil, ximnasia, bailes de salón no Pazo da Cultura e charlas divulgativas.

Novas relacionadas

Comentarios