Venres. 19.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Carballo recicla 1.451 quilos de aceite ao mes

contedor_aceite_Carballo
A veciñanza de Carballo recicla 1.451 quilos de aceite ao mes

Máis de 19 millóns de litros de auga salváronse de ser contaminados co aceite doméstico, gracias ao compromiso da veciñanza carballesa durante 2021, que depositou nos 32 contedores instalados un total de 17.420 quilos de aceite.

As boas novas complétanse ademais coa idea de que a cantidade mensual non para de medrar, o que dá conta de a concienciación aumenta e cada vez son máis casas as que non botan o aceite usado polo fregadoiro e o gardan en botellas de aceite ou nos funís (que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello, departamento de Medio Ambiente), e despois os levan ao seu contedor.

Outro dato importante: os 17.420 kilos de aceite, unha vez transformado en biocarburante, o residuo recollido xerou un aforro de emisións de CO2 de 52,26 toneladas.

Os contedores máis utilizados para o depósito de aceite son os situados nas inmediacións dos supermercados e do Mercado Municipal, que superaron na maior parte dos casos os 1.000 quilos, pero tamén teñen cada vez máis
uso os das parroquias, e, así, en Artes recolléronse o ano pasado 645 quilos, en Berdillo, 475; en Razo, 345; en Sofán, 320; en Sísamo, 255; en Lema, 240; en Goiáns, 125, e en Noicela, 110.
 

Comentarios