Os veciños sufocan, coa axuda dos Bombeiros, un incendio nunha cheminea de Carballo

23:45 05/04/19
Esta tarde de venres, os Bombeiros de Carballo tiveron que achegarse ata o lugar de Ganduma, por un incendio que tiña lugar na cheminea do nº2 unha vivenda unifamiliar. Arredor das 19:00h chegaban os Bombeiros, pero antes a familia xa estaba a botarlle auga dende unha escada cunha mangueira de xardín, polo que xa sufocaran o forte das lapas, permitindo así que o lume non chegou a propagarse ao interior da vivenda e tampouco ocasionou danos persoais..
O cometido dos Bombeiros foi colocar un difusor no interior da cheminea para extinguir e refrixerar o seu interior.
Novas relacionadas
- 26-02-19: Os Bombeiros tiveron que sufocar dous incendios en vivendas case consecutivos.
- 21-02-19: Dous evacuados tras un incendio nunha vivenda en Cerqueda.
- 18-02-19: A rápida intervención dos Bombeiros impediu que o incendio dunha vivenda en Froxán afectase a outra colindante.
- 12-02-19: Un incendio nunha vivenda provoca unha alarma en Noicela.