Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vieiro continúa “Creando Saúde” nas escolas de Carballo

Vieiro no Cole de Razo
Vieiro no Cole de Razo
Vieiro continúa “Creando Saúde” nas escolas de Carballo

Segue a vida para Vieiro despois do episodio convulso do incendio da súa sede. E faino achegando os seus programas de prevención polas escolas de Carballo. Son Dalila Vizcaíno Regueira (Pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga) as encargadas de levar as reflexións do programa "Creando Saúde” cada semana.

Foron finalmente 3 os centros carballeses que se apuntaron a este programa, gratuito, ofertado pola entidade: CEIP A Cristina, San Luís Romero e CEIP Netoma-Razo. O seu alumnado de 10-11 anos (5º e 6º de Primaria) están dando sesións de habilidades sesións.

O programa divídese en 3 bloques, primeiro con 4 sesións para construír a túa personalidade e adecuarse ás habilidades sociais; o segundo con dúas sesións de prevención de drogas; e o terceiro con tres horas sobre o uso correcto das novas tecnoloxías.

Vieiro no CEIP A CRISTINA de Carballo
No CEIP A Cristina

Comentarios