Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Asociación Telón e Aparte, organizadora do FIOT, recibe o Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2024

20220914 Presentación FIOT31 © Vane Rábade 1
Imaxe da Presentación do FIOT 2022 © Vane Rábade
A Asociación Telón e Aparte, organizadora do FIOT, recibe o Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2024

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, vén de ser recoñecida co Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2024. O xurado do galardón, instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura do insigne intelectual ourensán, escolleu aos gañadores da presente edición de entre as dezanove propostas presentadas:

Se o primeiro premio, para profesionais culturais, dotado con 3.000 euros, recaeu en Eduardo Rodríguez, organizador do Festival de Jazz Primavera do Café Latino, o segundo premio, para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados, dotado con 2.000 euros, foi para a Asociación Cultural Telón e Aparte.

Finalmente, o terceiro premio, para proxectos culturais, dotado con 1.000 euros, foi para o Concello de Carral, cuxo certame de poesía, que alcanza a 27ª edición, constitúe un dos eventos literarios máis prestixiosos de Galicia.

Os premios entregaranse no transcurso dun acto institucional organizado pola Deputación Provincial de Ourense, do que moi pronto a organización anunciará a data e todos os detalles.

Comentarios