Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Xa temos cartel indie para o Rockin Carballo

Cartel Rockin Carballo 2023
Xa temos cartel indie para o Rockin Carballo

Acaba de lanzar o Concello de Carballo o cartel completo do Rockin`Carballo 2023. Unha das citas festivaleiras do verán bergantiñán, enmarcado no San Xoán que este ano se celebra no Rego da Balsa (non volve á Praza como moitos esperaban) o sábado 1 de xullo, que sempre mantén a entrada de balde, e sempre segue unha liña moi indie.

A sesión vermú será con dúas bandas murcianas: Crudo Pimento e o rockabillie Al Dual.

Xa pola tarde, a partir das 19:00h, arrincará coa coñecida banda carballesa “Tu Futura exmujer”, dando paso aos metaleiros herculinos TO-XO, o powerpunk lucense de The Brosas, o rock donostiarra de Niña Coyote e Chico Tornado e como cabeza de cartel os divertidos e cañeros andaluces Guadalupe Plata.

Comentarios