#Soandoconforza: “Tu Futura Ex Mujer”
Tu Futura Ex Mujer é o proxecto musical do carballés Jaime Regueiro (teclista de Elvis Negro e baixista de Aula 11) que nace da frustración de non poder baixar ó bar durante un duro e longo 2020.
Mentras aprende a producir e gravar, en xuño de ese mesmo ano presenta o primeiro single “Lo intentamos” e pouco despois “Niños”. Para finais do ano maldito, decide revisar a C. Tangana e presenta “Bien”, unha cover do artista madrileño, qué será o adianto do seu primeiro EP titulado tamén “Tu Futura Ex Mujer”. Totalmente autoproducido e publicado o 5 de febreiro.
Detrás da formación están outros nomes carballeses como Manuel Eirín (baixista de Elvis Negro e guitarrista de Aula 11) encargado da guitarra e sintes, ou ao baixo Iago Pardiñas, actual baixista de Apart.
Tu Futura Ex Mujer está influenciado por bandas e artistas moi diferentes entre as que destacan algunas como: Triángulo de Amor Bizarro, Los Nastys, Mujeres, a orquesta Os Satélites, ou outras extranxeiras, John Maus, Ariel Pink, Idles, Grand Blanc, Soviet Soviet…
- Maikel Pérez Castro, Picadiscos.
#Soandoconforza
Novas de música bergantiñá
- O vídeo "Everything", a homenaxe de Apart á praia de Razo-Baldaio.
- Xaneiro 2021: A banda carballesa "Apart" lanza o seu segundo adianto do disco "Everything”.
- Xaneiro 2021: “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.
- Decembro 2020: “Honest”, o segundo traballo da banda carballesa Apart.
- Novembro 2020: Música e ciencia de sangue carballesa polas rúas de Madrid.
- Novembro 2020: Icía Varela e Arredores, desexando ir a Ortigueira.
- Outubro 2020: Ekocidio: "Se non soltaba Terra de Nordeste, quedaría dentro e me comería lentamente”.
- Outubro 2020: Juan Vidal volve ás súas raíces.
- Outubro 2020: Carlota Allo, a recanteira da Costa da Morte que está triunfando na TVG.
- Decembro 2018: Lou: “No Micro Aberto ten cabida calquera actividade artística que teña que ver coa arte, o respecto e o amor”.
- Decembro 2017: Aula 11 estrea videoclip.