Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Xiria Pop celebra 27 anos con 9 concertos, exposicións e presentacións de libros

Xabier Grana Maruxa Suarez e Evencio Ferrero na presentacion do Xiria Pop
Xabier Graña, Maruxa Suárez e Evencio Ferrero na presentación do Xiria Pop 2024
O Xiria Pop celebra 27 anos con 9 concertos, exposicións e presentacións de libros

Queda menos para que este venres comece a soar a música no Casino1889 de Carballo. A nova edición do XiriaPop volve á carga coa calidade como signo de identidade. Porque as bandas que escolle cada ano Xabier Graña, alma do festival e membro da asociación O Molete Psicopop, son bocados groumet, bandas que dificilmente poden escoitarse noutros escenarios.

”Hai unha cultura de persoas que están esperando o XiriaPop, que ao mellor non coñecen os grupos pero saben que van ser bos", apuntou o alcalde Evencio Ferrero durante a presentación celebrada esta mañá.

Polo Casino1889 pasará unha boa representación galega, estatal e internacional de grupos alternativos. Así, poderemos escoitar a Pablo Leira (Ferrol), Lunamotos (Cedeira), The Bo Derek’s (Vigo), Carolina Otero & The Someone Elses (Valencia), Pablo Solo (Cantabria), Eh, Mertxe! (País Vasco), Holiday Ghosts (Brighton-Inglaterra), que tocarán por primeira vez en Galicia, e The Stems (Perth-Australia), que elixiron Carballo como unha das paradas da xira europea que están a realizar para celebrar os seus 40 anos de vida.
Coma nas tres edicións anteriores, neste 2024 tamén haberá sesión vermú. Será o sábado 21 ás 13.30 horas, no Logradouro, co noveno participante neste XiriaPop, Jacinto Martos, ex baixista de Pepsi & The Clits.

O abono para os concertos nocturnos é de 20 euros, e pode adquirirse de xeito anticipado en woutick.

Outras actividades

Este ano a novidade, da man da Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, son as actividades paralelas,. O día 19, ás 20.00 horas, será inaugurada na Biblioteca Rego da Balsa a exposición” Desde o meu punto de vista, unha escolma de fotografías de concertos de Óscar Caamaño, entre elas varias realizadas en anteriores edicións do XiriaPop.

A biblio acollerá tamén dúas presentacións literarias. O día 20, ás 19.30 horas, Carolina Otero estrea o seu poemario La canción de la chica Cheiw, no que participan as carballesas Rosalía Fernández e Silvia Tasende, e o sábado 21 Óscar Avendaño presentará Lo tengo en vinilo, nun acto no que estará acompañado polo mítico xornalista musical J.F. León.

Máis novas

Comentarios