Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Xosé Regueira, novo vicepresidente da Deputación da Coruña

Xosé Regueira, novo vicepresidente da Deputación da Coruña

PSOE e BNG veñen de reeditar o seu pacto de goberno na Deputación. Un pacto ratificado polos bos resultados das pasadas eleccións municipais, que permite que o socialista Valentín González Formoso continúa co seu mandato. 

A gran novidade é a presencia do carballés Xosé Regueira (BNG), ata agora responsable da área de Turismo, como vicepresidente, collendo o relevo de Goretti Sanmartín. 

O acordo establece o compromiso de “profundizar nas políticas seguidas na Deputación nos últimos catro anos”, que supuxeron “unha transformación radical” da institución.

Seguirase avanzando na distribución obxectiva de fondos e a colaboración cos municipios e reduciranse as subvencións nominativas a menos dun 4%

Comentarios