Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A youtuber carballesa Isashopaholic presentou o seu primeiro libro

A youtuber carballesa Isashopaholic presentou o seu primeiro libro
A youtuber carballesa Isashopaholic presentou o seu primeiro libro
A youtuber carballesa Isashopaholic presentou o seu primeiro libro

Non, non é unha rapaciña de 16 anos. Superados os 30, Isabel Villanueva é toda unha estrella da rede. A youtuber carballesa, máis coñecida como Isashopaholic, leva case 10 anos subindo vídeos (é unha das máis veteranas da rede galega) pero dende hai 2 xa forma parte da súa vida cotiá, conseguindo máis de 60.000 seguidores na súa canle de YouTube e nos seus perfís de Instagram, Facebook e Twitte.

Nos seus completísimos vídeos, fala de maquillaxe, moda, estilismo, receitas… E este pasado xoves 2 de maio vén de presentar o seu primeiro libro “O galego mola. Palabras da miña vida” (Hércules de Edicións, 2019). Isabel demostra así compromiso co idioma, realizando un percorrido vital a través de 24 palabras en galego acompañadas doutras tantas fotografías. Con elas, Isabel Villanueva leva ao lector a coñecer tradicións de Galicia e trasládalle a situacións e acontecementos cos que se sentirá identificado.

Novas relacionadas

Comentarios