Zas e Carballo acollen as primeiras proxeccións costeiras do documental Bravú XXX
12:33 05/11/24
Esta semana arrinca o programa de proxeccións do documental Bravú XXX pola Costa da Morte. O IES Maximino Romero de Lema recibe a visita da comitiva de NósTV, comandada por Xurxo Souto, esta vindeira mañá de mércores 6 de novembro. De contado, o venres 8 de novembro, ás 20:30 horas, a primeira gran presentación será Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, con entrada aberta e gratuíta para todos os públicos até completar aforo.
Un documental no que está moi presente a familia dos Impresentables de Vimianzo.