10 anos seguindo a remar dende o Pindo
Sempre auténticas as citas pesqueiras no Pindo. E este 2015 toca celebrar o 10º aniversario destas X Xornadas de Pesca do Pindo, que terán lugar os vindeiros 26, 27 e 28 de xuño. Superando numerosas dificultades económicas, o pósito liracho quere seguir espallando e poñendo en valor o seu patrimonio etnográfico salgado, e o fai a través destas variadas xornadas, que levan como lema “Seguindo a remar”.
Traen un programa de actividades do mais variado, pensando nos máis peques, e con charlas, degustacións, recitais poéticos, actuacións musicais, exposicións e unha marea de cousas entorno o mundo do mar.
Un programa cheo de nomes propios
Hai nomes propios de relevancia. Se ben durante a semana anterior (do 22 ao 24 de xuño) hai diferentes actividades infantís, as Xornadas serán inauguradas a Secretaria da Confraría, Mercedes Díaz Mayán, o venres 26 de xuño a partir das 18:00h, e tomará a palabra o presidente da Federación de Confrarías Galegas, Tomás Fajardo. Esa mesma tarde terá lugar a proxección dun vídeo documental sobre o décimo aniversario das Xornadas, antes de dar paso á Mesa Redonda con Manolo Souto e Alfredo López sobre formación e divulgación marítima, precisamente as bases destas xornadas. A noite do venres rematará cunha degustación, por suposto, de produtos do noso mar, e unha actuación musical da man de Proxecto Pentalfa.
Durante o sábado estarán Mónica Góñez e María del Mar Llinares falando en clave de lingua mariñeira, estarán varias artesás da zona na mesa redonda da 13:00h, e pola tarde, obradoiro poético con Suso Bahamonde, e de seguido recital poético, tremendamente salgado, con Chisco Fdez. Naval, Marta Dacosta, Alexandre Nerium, Miro e Rafa Villar e Xosé Iglesias, acompañada pola música de Carlos e Fran Barcia. Antes do peche, certame de aperitivos e entremeses.
Para o domingo, máis mesas sobre experiencias mariñeiras, co capitán David Trillo, o armador David Martínez Bau, o mariscador Fernando Siaba, a mariscadora Carmen FOrmoso ou o sociólogo Daniel Fdez. Longueira que nos contarán as sías historias. O coloquio será sobre o futuro e antes de comer Milucho Louro, Antonio Ayut e Fátima Rodríguez falarannos das novas expectativas para o futuro do sector.
Aí quedan eses nomes.
Máis información
Máis información e inscricións (ata o día 16 de xuño): 981 764 815, [email protected], e www.pindomarino.org.Novas relacionadas
Xornadas de Pesca do Pindo
- 2013: O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas.
- 2012: O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- 2011: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
- 2010: As baleas tomaron O Pindo .
- 2009: A vida volta ao mar dende O Pindo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).