Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas

O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas
Alexandre Nerium recita unVerso no Olimpo nas Xornadas de Pesca do Pindo

"Outro ollar ao mar". Iso foi o que botaron os participantes nas VIII Xornadas de Pesca Pindo Mariño, artelladas pola Confraría do Pindo. Unha cita na que o mar é o protagonista, pero desta volta o sentir das xornadas era a falar da diversificación, de como as comunidades mariñeiras como ducias de vilas da Costa da Morte, poden ir, paseniño, engadindo novos medios de vida á pesca.

Ao longo da pasada semana os pequenos foron os protagonistas, e xa son todos uns cesteiros profesionais e uns regatistas de kaiak de primeira. E o venres comezaban as xornadas puramete ditas, con charlas, degustacións, música, libros, roteiro...

A xente respondeu, sobre todo para as citas gastronómicas, como ese Concurso de sobremesas que vai camiño de convertirse en referencia. Foron 19 pasteis os que se presentaron ao certame, todos cos grande recepción.

As charlas son o punto forte das Xornadas. Verdadeiras mesas redondas con profesionais de primeira índole no que se refire ao mar. Foi o alcalde Ramón Noceda o encangardo de inaugurar as Xornadas e Genaro Amigo de pechala. A tarde do venres comezaba falando sobre o proxecto Lonxanet, nado dende Lira para Galicia; e mais da recuperación do peixe lañado, da man de Rita Pesqueira, do Canto da Balea. Proxecto Pentalfa puxo o peche musical ao día inicial.

O sábado foi día de ruta. Unha ruta moi prolífica ademais, pois os membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural corroboraron a existencia dun lirio en perigo de extinción e dun fieito endémico. Á volta da ruta tivo lugar unha das citas máis emotivas e concorridas. A presentación da Antoloxía poética Versos no Olimpo uniu mar, poesía e granito. Merche Díaz Mayán, Chisco Fernández Naval, Xilberto Caamaño e Mario Maceiras foron os encargados de presentala, mentres que Alexandre Nerium e Marta Dacosta os que puxeron os versos no ambiente. Foi o momento máis participativo, pois as persoas presentes que tiñan que ver co libro e mesmo xente do público atrevéronse a recitar e falar.

A noite do sábado remataba doce, co concurso de sobremesas, e a golpe de queimada, co conxuto dun grande, o actor de Caldebarcos César Cambeiro.

Para o domingo quedaron as charlas máis conflitivas, as que analizaron a situación de crise do sector pesqueiro. Foi un día duro, cheo de queixas e de novas propostas, para pechas unhas xornadas que xa son toda unha referencia en materia de mar.

Cheo tras cheo nas Xornadas de Pesca do Pindo

Novas relacionadas

Xornadas de Pesca do Pindo

Fonte

Comentarios