![cartel rainha lupa agosto 2011]()
Hai dúas semanas
viamos os resultados do Mercado Ecolóxico de Quilmas da man da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa. Pois ben, o éxito que tivo a cita multiplicou as posibilidades, i é que
dende a organización van organizar unha cita destas características cada mes, entre abril e outubro.
Segundo explican, o 7 é o número que elexiron pola “importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións”. O 7 é un número ligado a este mundo, xa que hai dúas constelacións que fixan o comezo da primavera, e con isto, das segas, das colleitas e da navegación polo mar. Son grupos de 7 estrelas que están visibles dende abril ata outubro, nun periodo de 7 meses.
Vindeira cita
O vindeiro mercado terá lugar o sábado 13 de agosto e verase complementado o 14 de agosto cunha xornada de interese cultural, con roteiros e actividades como charlas, debates, proxeccións e música. Para participar nestas actividades, hai que dirixirse ao enderezo electrónico casadareinalupa@hotmail.com ou nos teléfonos 697 364 124 e 981 760 227.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas.