Luns. 01.06.2020
El tiempo

A Ardentía ilumina o mar do Pindo

A Ardentía ilumina o mar do Pindo
Ardentia ou Mar de Ardora cazada no Pindo porVíctor Solís, de Costameiga.com Ardentia ou Mar de Ardora cazada no Pindo porVíctor Solís, de Costameiga.com Que tesouros ten o noso mar! Desta volta cazouno Víctor Solís, de Costameiga.com, e fíxoo durante a noite do domingo ao luns 7 de setembro, na praia de San Pedro, no Pindo. Avisado polo seu amigo Juan Serrano, propietario catalán da Casa Noutigos, tamén afeccionado á fotografía, achegouse ata o medio e medio do areal, sacou o trípode e abríu o obturador 30 segundos para captar esta marabilla da natureza. Chámase Ardentía, ou Mar de Ardora, e é provocada por unha “alga que se chama Noctiluca que se ilumina como un mecanismo de defensa para evitar ser comida, pois así se un peixe a comem iluminaráse e outro depredador máis grande o atoparía fácil para comelo el”, segundo nos contan os compañeiros de 4gotas, que recoñecen que “é un fenómeno que ocorre de cando en vez en Galicia e crean estampas incribles”. Seguindo esa liña natural, a evolución puido continuar por dous camiños: “ou ben os peixes aprenderon e non a comen para non ser comidos, ou ben as especies que comían algas iluminadas morreron”. Segundo nos conta o propio Solís, é un fenómeno que se adoita dar a finais do verán, cando a auga está máis quente, pero que é “moi difícil de fotografar. Fas 40-50 fotos e aproveitas unha e un pouco forzada”, recoñece despois de publicar esta imaxe nas redes sociais, con Fisterra ao fondo, o Faro iluminadísimo, o carrumeiro polo medio e un barquiño. “Evidentemente ten unha exposición longa duns 30 segundos, polo que efecto está un pouco esaxerado”, pero cando se achegaban á beira do mar a imaxe era impresionante: “era como un rotulador fluorescente atravesando cada onda”. “Seguro que ten pasado máis veces, pero un non soe estar ás 1:00h da mañá pola praia”, sinala, pero esta mesma noite volverá á zona de Lariño, onde moitos veciños lles comentaron que moitos veciños, dos que van ao mar, nunca viran cousa igual. Uns fenómenos que se dá cando se bate o mar, e de feito se te metes na auga e a bates cos pés, sae como unha chuvia de estrelas incrible. Acontece ademais, como comprobou o propio Serrano, cunha noite nublada e mesmo chovendo, pero esa noite non tiña a cámara optimizada para captar o momento. Así que só nos queda disfrutar desta marabilla e esta atentos por se a cazamos estas noites.

Fonte

comentarios