mércores. 01.04.2026
El tiempo

Rueda avanza en Lariño que o "Camiño do Litoral", de 1.300km, estará listo este verán

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asiste a un encontro coas entidades que traballaron na definición do Camiño do Litoral e percorre un treito do mesmo. Faro de Lariño (Carnota), 01/04/26.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, e con representantes das entidades que traballaron na definición do Camiño do Litoral e percorre un treito do mesmo, pretodo Faro de Lariño (Carnota), 01/04/26.
Rueda avanza en Lariño que o "Camiño do Litoral", de 1.300km, estará listo este verán

Este verán será posible percorrer todo o litoral de Galicia, 1.300km, a pé ou en bicicleta. Así o asegurou esta mañá presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa visita a Lariño, en Carnota, onde presentou o "Camiño do Litoral", que unirá a costa galega desde Ribadeo ata Tui. Un proxecto que debería tecer un país, e que debería poñer en valor os trazados que xa o levan facendo décadas, como é o caso do Camiño dos Faros, esquecido e vilipendiado polas administracións.

Neste caso, o Camiño do Litoral percorrerá de 1.300 quilómetros e pasará por 79 concellos- Así o precisou esta mañá, logo de percorrer unha parte do trazado xunto coas entidades que colaboraron no seu deseño e definición: a Fundación Galicia Sustentable, Sherpa Project e Marexada.

A Xunta segura que xa está a realizar os trámites para dotalo dunha sinalización sostible e integrada na paisaxe, e incide en que estará finalizada durante o verán. 

A maiores, a Xunta tamén acometerá traballos de mellora do trazado nalgúns puntos que o necesiten e porá en marcha unha aplicación móbil na que se ofrecerá información de interese sobre as distintas etapas ou sobre o patrimonio cultural próximo.

Máis novas

 


 

Comentarios