A Asociación de Unión de Pacientes Finisterrae organiza unhas novas xornadas de sensibilización

04:07 11/09/18

A Asociación e Unión de Pacientes “Finisterrae” organiza as II Xornadas de sensibilización “A razón de ser da música”. A Xornada terá lugar o vindeiro sábado día 22 de setembro de 2018 as 17:00 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.
Na xornada desenvolveranse mesas de debate, sobre temas relacionados con patoloxías medicas, os coidados a nutrición o réxime de vida dos pacientes. Tamén se desenvolverá unha mesa redonda que reflexionará sobre a inclusión, dende un punto de vista legal.
Para inscrición na xornada pódese facer no correo electrónico da asociación asociacionpacientesfinisterrae@gmail.com.