Cultura, música, senderismo e gastronomia para o XVI Encontro Monte Pindo
A familia da ACDR Pedramar presenta o programa do XVI Encontro Monte Pindo. A finde semana do venres 17 e sábado 18 de xullo, o patrimonio natural fúndese coa cultura e a gastronomía para ofrecer unha marea de actividades.
O venres arrincará o Encontro o noso Modesto García Quintáns, topógrafo de profesión e divulgador do Olimpo Celta lendas, rutas e toponomía, con ducias de artigos sobre o Patrimonio Pindexo en QPC. Acompañarao a súa filla Nieves García, historiadora e coautora do libro “O Monte Pindo ao descuberto”.
O programa continuará coa simpática “Festa do colesterol”, con pimientos, panceta e chorizos asados de varios tipos. E a xornada do venres rematará músico Héctor Lera, madrileño con raíces en Corcubión,
O sábado, para contrarrestar a festa do colesterol, subida a Moa (mínimo 15 persoas). Á volta, degustación de mexillóns, rodaballo, cachelos e ensalada. A tardiña será cunha foliada a cargo de Pandereteiras da Solaina, Coral Chan das Lamas e fin de festa coa Disco Fabrik.
Lembran que é insdispensable anotarse para as actividades no 699 452 246.