domingo. 08.12.2024
El tiempo

A Fundación Príncipe Carlos recoñece o traballo cara unha pesqueira sustantable da Confraría de Lira

A Fundación Príncipe Carlos recoñece o traballo cara unha pesqueira sustantable da Confraría de Lira

Segue colleitando recoñecementos internacionais o traballo de dinamización e posta en valor da cultura e economía mariñeira da Confraría de Lira. Se xa ten chegado a centos de lugares do mundo a base de festivais cinematograficos, hoxe, Emilio Louro, Secretario da confraría liracha, envíanos o último número da revista "Industrias Pesqueiras" (2036 - 15 de Febreiro do 2012). Un número no que a Fundación Príncipe Carlos de Inglaterra recoñece a labor da entidade carnotá.

A revista repasa o lanzamento do Programa Marino ISU (International Sustainability Unit") que tivo lugar en Londres no Fishmonger's Hall e que foi presentado polo Principe Carlos de Inglaterra coa presenza da Comisaria de Pesca, María Damanaki.

O informe "Cara unha pesqueira sustentable global. A oportunidade cara a transición" recolle 50 experiencias reais en todo o mundo nas que se fai unha explotación sustentable dos recursos pesqueiros. Pois ben entre elas atópase a experiencia da Cofradía de Pescadores de Lira como a única española e entre 3 europeas (unha en Noruega e outra máis en Francia).

Todo un símbolo para seguir demostrando que a Lira, Carnota e a Costa da Morte teñen o camiño marcado.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas sobre Lira

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    • Información da Confraría de Lira.

    Comentarios