A Semana Santa de Carnota volve con BTT e Carreira Vikinga

08:33 03/03/15

Xa anunciamos que para a Semana Santa volve a Mostra VíndemoVer a Carnota. E paralelamente, volven a Carreira Viquinga e a BTT, dúas probas que encheron de deporte a vila carnotá durante a temporada festiva.
Pois xa están aquí as novas citas. A III Carreira Vikinga será o domingo 5 de abril. Xa saben, unha carreira distinta, máis festiva que deportiva, para convertir Carnota nun territorio viquingo.
3 días antes, o xoves santo 2 de abril, terá lugar a IV Ruta BTT carnotá, que sairá do Concello ás 10:30h.
Xa se poden ir inscribindo, no 981 857 032 ou enviando un correo a maria.silva@carnota.es.

Novas relacionadas
- 2015: Carnota prepárase para un novo MAR de artesanía e agricultura local.
- 2014: O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).