Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O campo de fútbol de Lombáns terá nova iluminación

Campo de Futbol de Lombans
Campo de Fútbol de Lombáns
O campo de fútbol de Lombáns terá nova iluminación

A Deputación da Coruña e o Concello de Carnota destinarán 115.000 euros (80% por parte do ente provincial) para cofinanciar as obras de mellora de eficiencia enerxética do campo de fútbol de Lombáns.

O proxecto inclúe a renovación das luminarias existentes, substituíndo a tecnoloxía actual por equipos LED para mellorar a eficiencia enerxética da instalación, localizada no lugar de Capelán, na parroquia de San Mamede.

En concreto, na actuación enmárcase a substitución dos proxectores que iluminan o terreo de xogo; o tendido de novas rede de terra para acompañar a liña subterránea de alimentación aos proxectores; a adecuación da instalación de iluminación e forza interior e a realización de novos cadros de mando.

Comentarios