Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2015/05/03/Ana-Oca-na-preestrea-de-Hospital-real.jpg)
![Ana Oca na preestrea de Hospital real Ana Oca na preestrea de Hospital real](/media/quepasanacosta/images/2015/05/03/Ana-Oca-na-preestrea-de-Hospital-real.jpg)
Hoxe é o día. Aquí mesmo compartiremos en canto a TVG o permita, o primeiro capítulo da serie de Ficción Producciones, Hospital Real. Serie na que debuta como actriz a nosa pequena e brava cociñeira Ana Oca. Despois do seu arrasador paso polo Masterchef Junior, a ceense sorprendeu ca súa naturalidade trala cámara e a produtora decidíu contar con ela para un papel na serie.
Unha serie que pode ser un antes e un despois da produción audiovisual galega, apostando por unha completa trama histórica sobre a vida nobiliaria no antigo Hospital Real de Santiago de Compostela, o que hoxe é coñecido como Hostal dos Reis Católicos, aló por 1792, cando o Camiño de Santiago aínda era unha vía perigosa.
Con ela tamén está no reparto o carnotán Miguel de Lira, xa unha referencia no sector galego.
Aquí queda unha previa despois da súa preestrea, na que tamén estivo Ana, e un avance. Pero xa saben, ás 22:00h na TVG.
Máis información
Poden ver o capitulo en TVG ou na web da CRTG, na serie “Hospital Real”.
Novas relacionadas
- Ana Oca tamén quere ser actriz.
- Anita Oca xa dá masterclass de cociña.
- Ana Oca deixa Masterchef pero queda nos corazóns de millóns de espectadores.
- Ana, a pequena masterchef ceense.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).