Aquí non se tira nada: O tambor floreiro

22:25 07/10/12

Xa vimos o penico floreiro, pero a arte floral da Costa da Morte dá para moito. Hoxe traemos outro clásico, un tambor da lavadora convertido en floreiro.
Este, atopouno Chiara Luppoli percorrendo as estreiras rúas de Quilmas, pero poderíamolo atopar en calquera lugar da bisbarra, demostrando o gran enxeño das xentes de Galicia e da Costa da Morte.
Envíanos a túa foto
E por favor, seguimos agardando eses clásicos, como ese trespés-floreiro, esa bañera-bebedoiro, ou ese somier-cancela. Enviádenos esas escenas do agro, e do urbano, que merecen a pena recuperar a info@quepasanacosta.gal, para contarnos estes exemplos de enxeño costeiro dos vosos arredores.
Novas relacionadas
Aquí non se tira nada!
- Aquí non se tira nada: O somier-cancela.
- Aquí non se tira nada: O penico floreiro.
- Baño demasiado público en Fisterra.
- Galicia, potencia mundial en enerxía eólica.
- Carrito para cans.
- O sinal incorporado.
- Unha árbore de Nadal reciclada.
- Un local de ensaio feito na casa.
- A Petenera Agrícola.
- A Petenera Móbil.
- Un columpio de tuberías.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).