Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Aquí non se tira nada: A Petenera Agrícola

Aquí non se tira nada: A Petenera Agrícola

Continuamos con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.

A semana pasada chegábanos para esta sección unha tremenda imaxe da Petenera Móbil. Pero o talento funcional dos galegos para aproveitar os recursos é infinito, como podemos comprobar con esta Petenera ao estilo agrícola, que nos manda Diego Corzón. Ademais da música, o carrito reserva espacio para as botellas, luces de neón e ata unha serea. Todo un despliegue.

Envíanos a túa foto

Agardamos ir recuperando todas estas escenas do agro, e do urbano, da Costa da Morte. Quen mellor que vós para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.
Animávosvos a que nos mandedes imaxes deste calado, así como fotodenuncias, a [email protected]

Aquí non se tira nada!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios