Arte, crebas e conciencia na Confraría do Pindo
20:22 06/09/21
O eterno voluntario do Prestige Sven (Mar de Fábula )e Alivavá foron os responsables de desenvolver os obradoiros creativos e de reciclaxe que a Confraría do Pindo realizou a semana pasada. O pósito quixo realizar estas sesións de formación e sensibilización que, de seguro, trascenden das novas ás vellas xeracións, pois as criaturas ao final sempre levan esas aprendizaxes ás súas casas, e son os mellores embaixadores da cultura do respecto ao medio ambiente.
Coa axuda do FEMP, levaron a cabo diferentes saídas de recollida de lixo nos areais da contorna. A seguinte parte dos obradoiros eran en clave creativa, para facer artesanía cos refugalllos retirados dos areais, completando así o círculo da reciclaxe.