Venres. 19.04.2024
El tiempo

As centrais sindicais piden apoio plenario contra a redución de postos en Conservas Carnota

As centrais sindicais piden apoio plenario contra a redución de postos en Conservas Carnota

Continúa, dende 2009, a situación dos traballadores da fábrica de Conservas Carnota, en delicado equilibro. Hai 3 anos que á empresa lle fóra rexeitado o ERE mentres os traballadores aseguraban que estaban a realizar horas extras.
Pero segundo nos informan as Centrais Sindicais da empresa, a partir do xoves, o catalán grupo Dani, ao que pertence a empresa, aproveitando a reforma laboral, "inicia unha modificación sustancial das condicións de traballo con redución de plantilla, salario e xornada que afecta á totalidade da plantilla e sen unha negociación previa".

Así, tanto a CIG, como UGT e CCOO presentaron unha moción no Concello de Carnota e na inspección de traballo para "perdir o apoio de toda a corporación o mantemento dos empregos", unha vez que "dende o 2008 a empresa foi reducindo progresivamente a plantilla persoal dos 75 traballadoras/es ós 44 actuais"

Segundo os sindicais, "o único obxetivo do Grupo Dani é manter unha plantilla mínima para o estuchado co fin de manter unha suposta calidade galega de produtos doutras partes do mundo como é o caso de Chile". Por iso solicitan "o apoio plenario, xa que non esquezamos que os terreos son do Concello através de cesión co compromiso e así se recolle no contrato de manter máis de 50 postos de traballo".

O pleno extraordinario celebrarase hoxe mércores as 20:30h ó que asistirán as traballadoras da fábrica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das Centrais Sindicais.

Comentarios