Martes. 15.10.2024
El tiempo

As especies invasoras colonizan o Monte Pindo mil días despois do devastador incendio

As especies invasoras colonizan o Monte Pindo mil días despois do devastador incendio
Distintas variedades de acacias ameazan o Monte Pindo Distintas variedades de acacias ameazan o Monte Pindo Onte cumpríronse 1000 días do devastador incendio do Monte Pindo - declarado o 11 de setembro de 2013 - que arrasou unhas 2500 hectáreas. "Mil días nos que as medidas de restauración desenvolidadas pola entidade xestora do espazo - a Xunta de Galicia - non só foron insuficientes senon que mesmo vetaron medidas propostas pola sociedade tales como SOS Monte Pindo", aseguran dende a asociación Monte Pindo Parque Natural. Esta mesma entidade é a que fai balance da situación actual e ainda que asegura que o verde predomina sobre o negro, advirte dun novo perigo: as especies invasoras. Son catro as especies arbóreas invasoras as que se aproveitan "das pésimas condicións" do chan para medrar de forma descontrolada colonizando centos de hectáreas. "Trátanse da acacia - Acacia dealbata -, a acacia negra - Acacia melanoxylon - , a albicia - Paraserianthes lophantha -  e o eucalipto -Eucalyptus globulus -, que están a infestar a un ritmo imparábel as zonas queimadas do Monte Pindo e aledaños, estendéndose descontroladamente desde as zonas baixas e habitadas, ladeira arriba" indican dende a asociación Monte Pindo Parque Natural. Ao parecer, o eucalipto tamén están colonizando as cotas altas e inaccesíbeis do Monte Pindo. "Cada semana que pasa é moito máis dificil erradicalas e, ademais, este mes entramos nun momento crítico xa que varias destas árbores producirán inflorescencias e dispersarán millóns de novas sementes que, empurradas polo vento, colonizarán zonas novas sen apenas oposición" sinalan dende a asociación ecoloxistas. Dende a entidade tamén alertan, unha vez máis, da "situación extrema" que está a vivir o carballo anano - unha especie que só se atopa no Monte Pindo - e que compite coa praga do eucalipto. Ante esta situación, a asociación Monte Pindo reclama á Xunta que comecen a obrar de inmediato na erradicación urxente das especies descritas, e nomeadamente as poboacións de acacias e albicias presentes nas ladeiras do Monte Pindo que dan a San Cibrán, Quilmas e ao sur do Pindo, antes de que florezan e agraven aínda máis a situación. Estudo da USC A asociacion Monte Pindo Parque Natural colabora cun estudo da USC que investiga as consecuencias do incendio do 2013 A asociacion Monte Pindo Parque Natural colabora cun estudo da USC que investiga as consecuencias do incendio do 2013 Por outra parte, o Grupo de Ecoloxía do Lume - GEFUSC -da USC e a asociación Monte Pindo Parque Natural acordaron colaborar no GESFIRE, un estudo científico de financiación estatal e europea que investiga as consecuencias que o incendio de 2013 sobre o Monte Pindo a través da análise de varios indicadores naturais, un estudo científico que está a desenvolverse simultaneamente en espazos naturais queimados en distintas partes da península, e que tamén anunciou recentemente que detectaron un forte incremento das especies invasoras no Monte Pindo. Froito desta colaboración o GEFUSC, representado polas profesoras Otilia Reyes e Mercedes Casal, comprométese a compartir os datos e resultados froito das súas investigacións coa entidade veciñal e tamén o compromiso de colaborar coa identificación e eliminación de especies invasoras. Pola súa parte, a asociación Mone Pindo Parque Natural, representada polo secretario Mario Maceiras a quen lle amosaron as instalacións e os laboratorios do proxecto, comprométese a colaborar e ceder desinteresadamente á USC o Catálogo de Especies do Monte Pindo - CEMP -, un inxente traballo de inventariado da biodiversidade presente neste espazo natural, o único que conta cun estudo destas características feito desde a sociedade e en permanente revisión, e que na actualidade xa inclúe preto de 700 especies das que unhas 150 contan con algún nivel de protección segundo a lexislación vixente.

Máis novas do Monte Pindo

Fonte

Comentarios