As flores e o xeo toman o protagonismo en Carnota

Un par de actividades diferentes viviron estes días os veciños de Carnota. Se as nais quedaron en Carnota para sumerxirse no mundo da flor, os máis pequechos marcharon cara Coruña para disfrutar da pista de xeo.
Curso floral

O Concello de Carnota está a impartir un curso dedicado ao mundo da flor, no que as persoas participantes realizan interesantes deseños. A ensinanza chega de xeito teórico e tamén práctico, e os asistentes están a aprender trucos e curiosidade sobre a flor.
O curso está dividido en dúas quendas, os xoves e os venres, cun total de 34 alumnas de diversas idades. Inicialmente o curso contaba cunha duración de un mes perofinalmente proxectarase tamén durante todo o mes de febreiro por petición do alumnado.
Patinaxe sobre xeo na Coruña

Este pasado sábado, 65 rapaces de 6 a 18 anos, marcharon en bus ata a cidade da Coruña. Reunidos todos, e da man de 4 técnicos do Concello e 6 monitores de tempo libre, cos nervios a flor de pel arrancaron rumbo á Casa das Ciencias.
Ó chegar alí, foron todos xuntos para o planetario, onde viron unha fermosa proxección dun vampiro que non podía velo sol, e empeñouse en conseguilo creando unha máquina que lle permitía ver todo o espacio coas súas estrelas, galaxias, planetas, etc… Os rapaces quedaron abraiados e mesmo os máis maiores, coas explicacións posteriores comentaban que aprenderan cousas que antes nin se lles ocorría pensar.
Ás 13:00 h os 75 entraron na pista de xeo do Coliseum. Cos patíns nos pes, as risas eran constantes polas caídas e os intentos de facelo ben. Nembargantes, as dúas da tarde xa case todos eran un expertos patinadores, e sinceramente, mellor os cativos que os monitores.
Coa barriga baldeira e o cansancio enrriba tomaron rumbo cara o parque de San Pedro, onde tras unha comida picnic todos se abraiaron das fermosas vistas que dende alí se ofrecen. Logo xogos, parque e laberinto para os máis maiores; e ás 17:00h rumbo a Carnota, onde ó chegar os rapaces non daban a contarlle os pais todo o vivido nun día tan completo.

Novas relacionadas
- Os pequechos do CEIP do Pindo viven unha semana de Paz.
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
- O cadáver dun caldeirón apesta a praia de Panchés.
Fonte
- Nota de prensa e fotos do Concello de Carnota.