As técnicas de Servizos Sociais de Carnota e Muros expuxeron a crúa realidade que sofre a súa área á deputada Ánxela Franco


En marcha puxéronse os departamentos de servizos sociais Muros e Carnota para a elaboración do diagnóstico do Plan de Acción da área coa axuda da Deputación. A reunión das técnicas de ambos concellos coa deputada nacionalista de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, serviu para poñer de manifesto as debilidades e fortalezas da área, ao tempo que cuestionaron, de maneira especial, o retraso na valoración de dependencia por parte da Xunta.
Ademais, o persoal técnico fixo constar o déficit de equpamentos para persoas maiores xa que só existe un centro de día do Consorcio en Muros.
A cita enmárcase nunha das 18 visitas que realizará a deputada para escoitar ao sector e poñer a andar o Plan de Acción de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar”.