Martes. 15.10.2024
El tiempo

Atacan con pintura a excomuñón de Penafiel no corazón do Monte Pindo

Atacan con pintura a excomuñón de Penafiel no corazón do Monte Pindo

Xa o contabamos onte, as pintadas na Moa obrígannos a lanzar un Berro seco na defensa do Monte Pindo. I é que a situación é tremenda, pois varias as accións contra o patrimonio natural denunciadas nos últimos días.

De feito, a Asociación Monte Pindo Parque Natural envíanos hoxe estas fotos, onde vemos como "un dos restos arqueolóxicos máis importantes do Monte Pindo e de Galicia, a inscrición do pico do Penafiel, foi salvaxemente vandalizada con spray, provocando uns danos que poden ser irreversibles, á espera de valoración do sucedido polos expertos."

Historia da inscrición

A inscrición foi ordenada no ano 1130 polo arcebispo Xelmírez, excomulgando o castelo do lugar (existe diverxencia de opinións na comunidade científica sobre a que tipo de castelo se refire), o que supón un caso único en Galicia de excomuñón dun lugar físico e por tanto a toda persoa que entrara nel, debido a que toda a zona fora un importante lugar de conspiracións políticas da época.

O lamentable feito descubriuno a Asociación Monte Pindo Parque Natural, nunha prolongada visita ao monte feita este domingo en compaña de, entre outros, Manuel Gago, recenten entrevistado en QPC, xornalista e gran estudioso da arqueoloxía, autor do considerado dos mellores blogs de Galicia, Capítulo 0, e fundador da plataforma PatrimonioGalego.net. O obxecto da visita era, precisamente, seguir investigando sobre a historia e os restos arqueolóxicos do Monte Pindo, o que nos levou como non podía ser doutro xeito ao Penafiel, onde puidemos descubrir esta aberración de recente factura.

Sinatura do/a responsable

Neste caso, o atentado pode responder á autoría dunha persoa alcumada "Rojo", dado que nas proximidades da incrición de Penafiel apareceu esa sinatura co mesmo tipo de pintura usada na vandalización da excomuñón.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

Comentarios