Martes. 16.04.2024
El tiempo

Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo

Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo
Mostras de avespas asiáticas para os apicultores de Carnota Mostras de avespas asiatica

Ese é o título que lle poría o compañeiro Paco Cambeiro á charla celebrada o pasado domingo 11 de outubro en Carnota. Organizada pola Asociación de apicultores “Río Vadebois” e CMM de Caldebarcos e San Cibrán, a charla servíu para que unhas 30 persoas, apicultores case na totalidade chegados dende Muros ata Fisterra, aprendesen a tratar con esta realidade.

Xesus Asorey de AGA (Asociación Galega de Apicultores) e Miguel Méndez do SLG (Sindicato Labrego Galego) fixeron unha achegamento ao presente e o futuro desta especie, considerada como invasora, voraz e imparable, que ameaza á población apícola, agora tamén en Galicia, sobre todo na zona costeira.

Os apicultores locais afrontan con preocupación esta situación xa que merma de colmenas na zona de Carnota e limítrofes, no último ano, non ten precedentes. E aínda que a Velutina non sexa a única responsable desta mortandade si que ten parte de influencia no número de baixas, e as solucións pouco ou nada efectivas.

Charla sobre a avespa asiatica en Carnota Unha trintena de apicultores de entre Muros e Fisterra acodiron á charla sobre a avespa asiática en Carnota

Unha verdadeira praga

Ninguén obvia que os recursos postos en marcha pola administración son escasos e pouco produtivos, permitindo que esta avespa siga adentrándose no noso territorio dun xeito de dificil control, xa que de cada niño que avanza créanse de 200 a 600 novos potenciais aniñadores, dos que o 20% sairán adiante, convertindo esta especie nunha verdadeira praga.

Xesús e Miguel coinciden en que os apicultores terán que aprender a convivir con ela e crear mecanismos de defensa, tanto humáns como apícolas, que as propias colmeas se aprendan a defender como fixeron coa varroa. Exemplo de elo é que as avespas asiáticas son capaces de reducila con mecanismos propios.

Ademais do perxuízo apícola este insecto crea preocupación nos veciños xa que dada a poboación dos niños, calqueira que se atope con ela de maneira accidental pode sufrir un importante número de picaduras, con consecuencias serias, tanto en personas como aen animais. Ao parecer hai casos de baixas en ovellas e cabalos que se cre como único responsable a este xigante avispeiro.

Deixaron ademais unha idea da posible causa desta praga, sinalando que os único beneficiados da mes son as industrias farmacéutica.

Remedios naturais

Parece evidente que as avespa e abella galegas van ter que adaptarse. Pero para axudalas, propoñen certos remediso como "capturar raíñas" de asiática na saída de inverno, "destruir niños" ou crear "trampas caseiras" para atraer ás avespas. O que non recomendan son os pesticidas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios