xoves. 16.10.2025
El tiempo

Carnota convoca unha Noite de Estrelas e Astronomía Cultural con Antón Bouzas

Cartel Noite de Estrelas en Carnota
Carnota convoca unha Noite de Estrelas e Astronomía Cultural con Antón Bouzas

O Concello de Carnota, organiza unha actividade única para gozar da beleza do ceo nocturno e descubrir os segredos da astronomía cultural da man do divulgador Antón Bouzas o vindeiro sábado 15 de novembro ás 20:30 h.

Durante esta noite especial, os participantes poderán observar estrelas, constelacións e outros corpos celestes, mentres aprenden sobre a relación entre o ceo e as culturas tradicionais. A actividade está dirixida a todos os públicos e non require coñecementos previos.

O punto de encontro será no acceso á praia de Carnota (na zona asfaltada, antes do inicio da pasarela) e a duración da actividade será de 3 horas aproximadamente.

As prazas están limitadas a un máximo de 50 persoas que se formalizarán por orde de inscrición.

O custe da actividade é de 3 € por persoa, a ingresar no número de conta do Concello: ES84 2080 0334 8731 1000 0035.

Para formalizar as inscricións é necesario cumprimentar o seguinte formulario. 

Recoméndase levar roupa de abrigo e, opcionalmente, algo para sentar ou pousar no chan.  Pódense traer prismáticos particulares.

Comentarios