Avisan dun erro nas participacións de Lotería para a viaxe de fin de curso do IES de Carnota
Un inocente erro na impresión das participacións de Lotería para a viaxe de fin de curso do IES Lamas de Castelo de Carnota, vén de provocar que o alumnado do centro estea preocupado por informar a todos os seus compradores de que o número que sae nas participacións non é o correcto.
Dende a administración de Loterías Costa da Morte de Cee, ubicados no Centro Comercial Finisterrae, queren deixar claro que foi un erro na impresión das participacións, e que a xente que está mercando as participacións xoga realmente co número 76.904.
Alejandro Quintáns Giménez, da administración de loterías ceense, sinte as problemáticas e actuando de boa fe púxose en contacto con varios medios de comunicación para facer chegar erro a todos os posibles implicados.