O Centro Comercial Finisterrae, epicentro do Nadal da Costa da Morte cun completo programa

Xa chegou o Nadal ao Centro Comercial Finisterrae de Cee. Xa ten a iluminación a tope, e ten en marcha o Concurso de debuxo infantil “Pinta o Nadal”, que despois servirán para facer unha exposición.
Por agora, e ata o 6 de Xaneiro, hai unha exposición de representacións das Escenas de Navidad da Biblia en Planta Alta.
E xa hai unha marea de actividades programadas.
O sábado 17 de decembro, ás 18:00h, tarde de inchables (a partir das 18:00h), pintacaras tatoos e globoflexia e Taller da Asociación Paseniño.
O mércores 21, ás 17:00h, obradoiro de Manualidades de Papa Noel.
O venres 23, ás 18:00h, Gran Festa infantil de Papá Noel as 18:00h.
O sábado 24 ás 17:30h, Sesión Dj Villancicos en vinilo para amenizar as compras e Sorteo dos tradicionais 25 Lotes de Nadal entre os clientes.
O luns 26 ás 17:30h,, exhibición de Baile a cargo de Arte e Movemento.
O Sábado 31, nova tarde a partir das 17:00h de Hinchables, Pintacaras tatoo globoflexia.
O luns 2 de xaneiro, xa ás 18:00h, taller de Reis Magos as 18:00h.
E o xoves 5 de xaneiro, ás 17:30h, outra sesión Dj Villancicos en vinilo para amenizar as compras.
Segue as súas redes sociais para estar atento ás últimas novidades.