Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Batucada, pasarrúas e carrozas para o Entroido asociativo de Carnota

Entroido Carnota 2024 Cartaz
Batucada, pasarrúas e carrozas para o Entroido asociativo de Carnota

Gustou o ano pasado o rollo batukada por Carnota, que este ano, da man das asociacións culturais, Canle de Lira, o Patín de Carnota e a veciñal as Insuas de Lariño, volve preparar un Enteoido divertido.

A Batukada do Patín permitirá o sábado 10 de febreiro vivir unha xornada de festividade, música pasarrúas e carrozas. Partirán do Centro sociocultural de Lariño, chegarán á Casa da Xesteira de Carnota para o vermú, pola tarde uniranse á Festa Holi (rollo indio de baile baixo pigmentos de cores) na Praza de San Gregorio e para rematar a xornada, festaza de disfraces con música na Lonxa vella de Lira.

Esa mesma tarde de sábado no Pindo, haberá un desfile da comparsa Pedramar “A venecia do Pindo” e de entroidos libres dende as 18.30 h polas rúas da parroquia, organizado pola ACDR Pedramar.

A partir das 21.30 h, festa rachada no local social do Porto con DJ e lacoada. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 171 088.

A festa tamén continñúa o domingo 11 de febreiro, ás 13.00 h, na Praza de Carnota (se chove, no Concello). Haberá concerto de Brais das Hortas para toda a familia, grandes e pequenos/as gozarán do espectáculo teatral e musical do “Consertasso na Horta”, un concerto punk elexido como un dos millores espectáculos musicais máis orixinais de Galicia para a xente miúda.

O luns 12 de febreiro, ás 11.30 h a 13.30h, no pavillón de Lamas de Castelo, será día para a cativada, con obradoiros, contacontos.

Máis citas do Entroido

 

Comentarios